de raíz longa e doce preñado de silencios como nun columpio de aforcados
de cumes brancas descolocadas
nada no seu lugar
onde queda o fogar? mantente canda min
o que? en realidade, máis preto
nas noites de friaxe do irrecoñecible abril
tinxido polas pálpebras negras dos grilos
e das súas voces entrelazadas coas herbas asulagadas
reberberando como os ecos das montañas do Himalaya
nas que flotan os soños
como torrentes esvarando polo van da terra
do día de mañá
no alto
preto do ceo, máis alá.