azul é a verdade,
non toda
nen
excluínte
das mareas
do
ceo
das pálpebras pechadas
pintadas
dunha dona que soña
coa lumbre dunha casa
co teito aberto
e unha escaleira
pola que se pasea
un vento azul, ergueito.