Archives for category: rechouchíos

Ridículo, de Pessoa, como unha cabeza con bolboreta, idéntica
á do libro do desacougo.
Como achegarse
e bicala, pousada nas xemas dos dedos.
Coa mesura dun tempo de area, coma un fío. E
preñar os beizos do po das súas as, tan brancas, coas que navegar polo mar dos Sargazos e Hawai.
Ler tres liñas nas que revolotean antigas amizades douro
vinte veces nove meses, e os froitos arrolan todos polo chan.
Caeron
polo peso da vaidade.
E o fondo da lata non se ve. Xa non o quero mirar.
Dous camiños frente a frente. Nin un roce nas mans.
…Hei seguir o dos gatos. Agreste pola beira de fóra.
Hei recolocar a bolboreta, ridícula cabeza, entre as páxinas e as guedellas e apañar
algo bo de todo isto.
Algo perenne.

Curioso lerlle a Pessoa a súa (miña) impresión sobre o efecto das bolboretas no cabelo: queda ridículo. Pero cando menos no meu caso, devezo (e reivindico) ese ridículo.

casa es un caos, al poner el pie te darás cuenta, por el aire irrespirable, de tanto nenúfar y agua estancada. al caminar la tierra no te pesará, sic tibi terra levis; para ti, ligera. Lixeira, máis alada, enriba do pico máis alto do i. Hasta llegar a besar a la luna, que se deja, con su cara argentina, al otro lado de la ventana de la casa. Ahora nos mira. Si me doy la vuelta está ahí. Vigía. El mar y la noche en sus manos, delicadas, acarician la superficie del agua, que la sienten como terciopelo. esta noche se llevará las ojeras, soplará, como un lobo suave, y harán las maletas, se irán al sur, a pasar el verano. se me hace pequeño escribir así, con la yema de dos dedos, tendría que pintar las manos, quitarles el bozal, desteñir a la luna y dibujar las letras de la noche. cuales serían? nocturna? tizne de azul? No puede ser opaca, porque la noche se abre, y alimenta, y sosiega. como la luna que nos mira. una de las yemas tiembla, puede que sea el principio. una cabeza herida descansa su rabia en la mano y escoge un dedo que renuncia a ser fortaleza. caerá el puente. y los párpados, pero mientras, los nenúfares tililan a nuestros pies, tan blancos. parece viernes. la vida. porque las ojeras vuelan y los ojos, los ojos miran hacia arriba.

azul é a verdade,
non toda
nen
excluínte
das mareas
do
ceo
das pálpebras pechadas
pintadas
dunha dona que soña
coa lumbre dunha casa
co teito aberto
e unha escaleira
pola que se pasea
un vento azul, ergueito.

de raíz longa e doce preñado de silencios como nun columpio de aforcados
de cumes brancas descolocadas
nada no seu lugar
onde queda o fogar? mantente canda min
o que? en realidade, máis preto
nas noites de friaxe do irrecoñecible abril
tinxido polas pálpebras negras dos grilos
e das súas voces entrelazadas coas herbas asulagadas
reberberando como os ecos das montañas do Himalaya
nas que flotan os soños
como torrentes esvarando polo van da terra
do día de mañá
no alto
preto do ceo, máis alá.

Calk-Art-by-David-Zinn-14

clic para descubrir máis imaxes



che collín da man

polos rueiros da primavera na cidade

nin peitei os teus cabelos, nin nos miramos no fío da lúa

dende a vila

gabeando pola ponte de Rande

con todo o ceo para nós, antes de morrer co día.

Sermos neve e friaxe

até o intre no que a terra se sosteña de novo

coa chegada da flor e da semente

no sixilo dun beixo preso

no que latexa o berro ceibe do rousinol.

O miúdo está nalgures

hei atopalo

hei de espertalo.

a volta á pel

cun sorriso equilibrista

á voz

cun verso

ao ar

cunha raiola na voz

e

á gaiola do tempo

cun axóuxere

e os arrolos dun berce.

 

 

LOTA+B+N-framed

 

o amor

o sinxelo

a pálpebra aberta

o sorriso

os soños

van polo río, paseniño, con Lota

ao meu carón

On My Own (Os Miserables)

dacabalo do vento

até a camposa branca

cos pés espidos

e unha brétema preñada nos cabelos,

aloumiñou á cerdeira

e lle falou ao esquío, nun chío

miúdo e quente.

Chega a mañá, soprándolle as estrelas,

míranse

e esquecen os camiños do tempo

alén da fraga

no cume da primavera.

os cabelos do tempo con suavidade,

tan brancos, paseniño

case a destempo

pois os días na foresta medraban como a fariña

e a auga co fermento.

Rande ao amencer

arpa do sol

tinguida de escuma

espreguizada e ergueita

testemuña do mundo

en flor