Archives for posts with tag: beixo

Calk-Art-by-David-Zinn-14

clic para descubrir máis imaxes



che collín da man

polos rueiros da primavera na cidade

nin peitei os teus cabelos, nin nos miramos no fío da lúa

dende a vila

gabeando pola ponte de Rande

con todo o ceo para nós, antes de morrer co día.

Sermos neve e friaxe

até o intre no que a terra se sosteña de novo

coa chegada da flor e da semente

no sixilo dun beixo preso

no que latexa o berro ceibe do rousinol.

O miúdo está nalgures

hei atopalo

hei de espertalo.

pola ponte na friaxe da noite

coa radio acesa

escoitando o mar e o vento

encher o baleiro da lingua

e á pálpebra negra, agasallala

coa súa claridade

e a parada dun beixo de menta nos ollos

antes de ir durmir, coa música na cabeza.

de lapislázuli a pel

coas mareas vivas do tempo

e cos dedos debullar a auga das caracolas

coas meniñas dos ollos misturada

na area da praia

e co beixo quente da terra nas mans

coma nun berce de trigo

morno

efímero

espertar á mañá.