Archives for posts with tag: pel

a volta á pel

cun sorriso equilibrista

á voz

cun verso

ao ar

cunha raiola na voz

e

á gaiola do tempo

cun axóuxere

e os arrolos dun berce.

 

 

o mundo

coa lingua de mel

e a friaxe da tesoira,

até secuestrar os arrolos e os berros,

que nos quede só, falar coa pel.

Pousar

as vogais das estrelas

con tres beixos nas meixelas

entre os lóstregos dos cabelos salvaxes

ceibes coa forza do vento,

e as mans, de primeiras apoucadas,

que lle din sen voz,

ao dono do tempo

que maila que sexa un instante

son

nun verso

mudas verbas que cantan

até quedares durmidas

collidas doutras mans

que falan,

coa mesma voz

ao mesmo son.

de lapislázuli a pel

coas mareas vivas do tempo

e cos dedos debullar a auga das caracolas

coas meniñas dos ollos misturada

na area da praia

e co beixo quente da terra nas mans

coma nun berce de trigo

morno

efímero

espertar á mañá.